viernes, 14 de junio de 2013

Todos os camiños levan a Roma

Na antiga Roma, existía unha gran rede de calzadas que comunicaba o grandioso imperio. As calzadas construíronse para permitirlles ás tropas romanas acceder a todos os territorios do Imperio.

Antes de comezar a construír a calzada, o agrimensor definía o seu trazado, sempre o máis recto posible.
A construcción comezaba coa deforestación e aplanamento do terreo por onde ía pasar. Despois, escavaban dúas gabias para delimitar o ancho e, a continuación, extraían da terra comprimida entre elas e colocaban os beirados.
A primeira capa estaba formada por grandes pedras, sen cemento, para evitar as acumulacións de auga; a segunda capa era de area e grava cuxos materiais diminuían o seu tamaño segundo se achegaba a superficie; a terceira capa estaba por pedras trituradas e apisoadas. Nas cidades, a calzada remataba con pedras planas.

Esta ampla rede tamén facilitou o transporte de mercancías. Iso trouxo consigo o desenvolvemento do comercio e o intercambio cultural. Ademais, facilitou a romanización ao estenderse a moeda, o latín, a relixión, a arte, as costumes, a arquitectura ...

A rede contaba con 80.000 km. Para facilitar a orientación e saber en cada momento as distancias, cada 1.000 pasos, que son 1.472 m, colocábase un miliario. Este sinal indicaba a distancia respecto o miliario 0, situado en Roma.

De aí que daquela se estendese a frase: “Todos os camiños levan a Roma.”

                

Quizás también le interese

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...