domingo, 25 de agosto de 2013
sábado, 24 de agosto de 2013
Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro
Naceu no seo dunha familia labrega. Con 15
anos ingresou no Seminario de Mondoñedo,
onde coñeceu a Aquilino Iglesia Alvariño.
Abandonados os estudos eclesiásticos fixo o bacharelato e logo licenciouse en Filosofía e Letras. Trasladouse a Madrid,
onde e traballou como tradutor para organismos oficiais e privados. Despois
exerceu a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas.
Traballou no Consello
Superior de Investigacións Científicas, onde acadou o posto de xefe
do Servizo de Información e Documentación do Instituto do Frío. No Instituto de Cultura Hispánica,
foi encargado de servizos de tradución de numerosa linguas.
Casou con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, con quen tivo tres fillos.
Publicou os seus primeiros versos ós dezasete anos na revista pero foi a súa entrada no seminario e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, o seu estímulo foi decisivo na promoción como escritor e para comezar a escribir en galego. Publicou nun xornal o 6 de agosto de 1931 os seus primeiros versos en galego: Lembranzas e sospiros, logo saíron Baix'o o calor, Lá vou, amor, As formigas, Era un contiño de fadas e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego: Follas verdes en 1934 e Follas ô aire, que inclúe versos que finalmente quedaron inéditos.
Logo da Guerra Civil continuou compoñendo. Foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d'un soño en galego. En revistas e xornais diversos viron a luz outros poemas e artigos del en castelán e en galego.
A súa obra máis coñecida é "Penélope", na cal reflexiona sobre unha Galiza que permanece durmida.
O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.
A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014.
Monumento no seu pobo natal.
Lectura curiosa
Sgneum un etsduio de una uivenrsdiad ignlsea, no ipmotra el odren en el que las ltears etsan ersciats; la uicna csoa ipormtnate es que la pmrirea y la utlima ltera estén ecscritas en la psiocion cocrrta. El rsteo peuden estar ttaolmntee mal y aun pordas lerelo sin pobrleams. Esto es pquore no lemeos cada lterapor si msima snio que la paalbra es un tdoo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)